Infórmate > Noticias 

Noticias 

Programa de atención urxente a persoas en risco ou exclusión social
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

01/08/2015 | A Limia

 IRPF 2014  Xullo 2015

1 de 1

Dende o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” repartimos o pasado mércores 29 de xullo, como é habitual na última semana de cada mes, produtos de alimentación e hixiene básicos (produtos tamén para bebés), e outros bens de primeira necesidade como as bombonas de gas a familias en situación de precariedade.

Neste mes deuse apoio a un total de 17 unidades familiares, máis de 70 persoas da nosa comarca que padecen a denominada exclusión social.

Acorde á nosa misión traballamos para a inclusión social destas familias, apoiando un dereito humano básico e universal como é o da alimentación, e prestamos un asesoramento, valoración e orientación cuxa finalidade é a garantía duns indicadores mínimos de calidade de vida nuns tempos onde teñen aumentado as desigualdades sociais, e onde cómpren mecanismos de redistribución social.

O próximo reparto está previsto para o mércores 2 de setembro, atrasándose unha semana con motivo da organización interna.

O C.D.R. “O Viso” obtén financiamento para o desenvolvemento deste programa dende o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad a cargo da convocatoria do IRPF 2014, o Servizo de Inclusión e Acción Social da Xunta de Galicia, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > D. Área de Inclusión Social e Laboral > D.1- Cobertura de bens de primeira necesidade

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies