Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 11/07/2016 | 2

Xa está a herba na palleira

Cos veciños de Ribeiriño... foi máis doado.

11/07/2016 | Lodoselo

Se onte diciamos que lle puxeramos o ramo ó campamento, hoxe puxémoslle o ramo á herba. "Poñer o ramo" é unha maneira de dicir, que temos no rural, para indicar que se acabou unha tarefa, un traballo. Conta a Nieves (Nieves Fernandez Vidueira de Quintela do Pando, Viana do Bolo) que esta costume remóntase a tempos inmemoriais, ainda que non hai estudos que nos aclaren de que época proven. Pero ser é unha tradición moi fermosa, ó tempo que é sinxela e moi útil. Cando se recolle a herba de todos os lameiros apáñase nas beiras deles todo tipo de flores e herbas pero coa peculiaridade que deben ser aromáticas ou medicinais.

Manda a tradición colgar dito ramo na palleira ou o pé, pois din que o aroma destas plantas axudará a que a herba da palleira se garde todo o ano cun aroma especial e dándolle a maxia necesaria para que ó gando que a consuma lle faga bo proveito.

Pois ben, se a semana pasada o Alberto co Paco e o Ramiro meteron as pacas para as ovellas, hoxe metemos as da Devesiña para os burros. Un equipo especializado (os veciños de Ribeiriño: Paco, Manuel, José Antonio e José Ramón) que xa non traballan con este tipo de pacas (agora fan rulos) fixeron nun tris tras este traballo que a nós, sen maquinaria adecuada nos houbera suposto moitísimo máis traballo. Así que, moitísimas grazas!!! 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias