Infórmate > Noticias 

Noticias 

Un enxame para o noso apiario
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

16/04/2015 | Lodoselo

1 de 2

O 15 de abril tivemos a sorte de que Serafín e Esther nos avisaron de que se pousara un enxame na súa casa. Xa eran as oito e cuarto pero rapidamente nos achegamos e atopamos esta fermosa imaxe. Colgadas dunha mazaira a unha moi boa altura para collelo estaba este "racimo de abellas". Moi contentos lles brindamos unha colmea e despois de esperar e apurar que entraran ata as últimas, levámolo para o noso apiario. Temos un pequeno apiario pero levamos ano tras ano tendo bastante mortandade de abellas. Anos que quedamos con unha e anos que chegamos a ter oito; porque dividimos e sempre hai quen nos achega algún enxame. Ademais de valorarmos -como sempre se fixo aquí no noso medio- o mel case máis como medicina que como alimento (realmente debería ser así: que o noso alimento sexa a nosa medicina e que a nosa medicina sexa o noso alimento) aproveitamos a alvariza ou abellariza como elemento educativo e de educación medio ambiental. Ésta debémoslla a Serafín e Esther: moitísmas grazas!!!

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies