Accesibilidad

Noticias 

© "CDROVISO" | 14/03/2018 | Animadores/as socioculturales

Visita a Lodoselo dun grupo de animadores/as socioculturais do CIFP Portovello

O pasado venres tivemos a visita de futuros/as animadores/as socioculturais en Lodoselo.

Á súa chegada, foron recibidos/as por Alberto, Andrea e Tamara (educadores/as sociais) os cales lles mostraron as instalacións do albergue, ademáis de explicarlles as áreas nas cales interveñen. Despois fixeron o pan no antigo forno do pobo, da man de Angelita, onde lle revelou o segredo para facer un bo pan. Tamén tiveron a oportunidade de que Alberto lle ensinara o tear e explicarlle todo o proceso da elaboración do liño. Para finalizar a visita, acudiron ao Centro de Inclusión, no cal foron recibidos/as por o noso traballador social, Edi, onde lle explicou as áreas e programas que leva a cabo así como o funcionamento da mesmas, ademáis de facer un percorrido polas instalacións.
Antes de depedirse, regresaron ao forno para recoller o pan que fixeran cada un deles/as.
Moitas grazas e ata pronto!!

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > A. Área Educativa-Ambiental e promoción das contornas rurais > A.1- Pobo escola