Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 29/03/2023 | El CDR en las aulas del CIFP Portovello

O CDR nas aulas do CIFP Portovello

Orientación laboral e proxectos de financiamento europeo

29/03/2023 | Ourense

O pasado luns, 27 de marzo, tivemos o pracer de participar nas aulas do CIFP Portovello en Ourense; nesta ocasión foi a orientadora laboral do CDR O Viso. Puidemos charlar sobre orientación laboral e proxectos de financiamento europeo.
Foi toda unha experiencia compartir, crear un espazo de comodidade e sentir que moitas profesionais do mundo social poden saír das aulas. Que é necesario que fagamos o exercicio de estar presentes nas aprendizaxes colectivas. Saíron demandas moi interesantes, como a necesidade de visualizar o perfil das integradoras sociais no eixo de orientación laboral. Pero tamén conseguimos establecer un abanico sobre que significa acompañar ás persoas na busca de Emprego. Graciñas á profesora Montserrat Franqueiro Couto pola invitación.
Estas actividades enmárcanse e son posibles grazas ó Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES-CCI2014ES05SFOP012) do Ministerio de Traballo e Economía Social, dentro do eixo para promover a inclusión social e  loitar contra a pobreza e están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (O FSE inviste no teu futuro) e o Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio Rural da Xunta de Galicia, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería de Política Social.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias