Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 20/03/2023 | Jornada en O Xpazo

Mocidade: Emprego e futuro no rural

Volveralpueblo.org e POISES

20/03/2023 | A Limia

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso organiza unha xornada no Xpazo que implica ó IES Lagoa de Antela e a catro proxectos empresariais da comarca para analizar co alumnado de 4º da ESO e de Formación Profesional as posibilidades laborais da zona e as vías para lograr os seus obxectivos formativos e laborais.
Foron convidados os proxectos de Mercedes Veites (obradoiro de costura Lumecu), Paula Limia (fotógrafa, @paula_limia), Ana Parada (estudo de tatuaxes Atrave) e Raúl Mera (Xpazo, Carlin, Tenda R, entre outros).
A actividade, presentada por Camilo Vila como responsable dos proxectos contra o despoboamento do CDR O Viso, serviu como oportunidade para que a mocidade do instituto local ampliase a súa perspectiva á hora de construír e incorporarse a proxectos. Dámaris Otero, orientadora laboral do CDR fixo unha revisión socioeconómica da contorna para expoñer os nichos de emprego con máis potencial.
O acto, que representa o traballo dos proxectos Volveralpueblo.org e POISES, (Programa Operativo de Inclusión Social y Economía Social) é posible grazas ao financiamento que provén do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e do Ministerio de Traballo e Economía Social que vén desenvolvendo o CDR O Viso nos últimos anos na Limia.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias