Infórmate > Noticias 

Noticias 

Unha edición máis participamos no festexo da Pataca
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

10/10/2021 | Vilar de Barrio

Cos xogos populares, tradicionais, do mundo

1 de 1

Nun espectacular día de outono e dende as 11 ata as 14 horas estivemos na 41 edición do festexo da pataca en Vilar de Barrio. Coma outros anos acudimos cos xogos populares, tradicionais e con xogos do mundo e gozamos vendo como estes xogos enganchan a todas as persoas que participan.

Estampas interesantísimas das familias compartindo estes momentos de emoción; de nenas e nenos que "alucinan" vendo ós avós correr coa roucha ben conducida co garrancho ou guiador, da competividade emocionante que se vive no apaña-patacas, nas carreiras coas tartarugas... Na atención sostida e a paciencia co queixo, pescando as botellas... E sempre o atopar a persoas que nos contan algunha lembranza "daqueles tempos" e expresións cargadas de emocións, de recordos felices con "tan pouco".

Moitísimas grazas! Só engadir que botamos de menos que os políticos que se deron cita no evento (salvo algunha excepción, contadas) non participaran tamén nesta actividade. E resulta que o tempo nunca é predido; si, aprendido.

https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d370822839k3770420o2l1/Festa da Pataca 2021

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies