Infórmate > Noticias 

Noticias 

As campás de Lodoselo tocando á Galicia Baleirada
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

31/03/2021

Celebramos que seguimos loitando por cambiar e mellorar as condicións de vida

1 de 2

Hoxe é  un día sinalado  para moitos españoles e españolas da España Baleira. Fai dous anos, deu comenzo a nosa revolta: a Revolta da España Baleira. De forma pacífica, miles de persoas enchemos o centro de Madrid con dúas mensaxes claras: SER POUCOS NON RESTA DEREITOS, QUEREMOS FUTURO.

Así comeza o manifesto que lemos en milleiros de prazas, rúas, adros dos pobos despois de facer soar as campás ás 12 do mediodía durante cinco minutos. Veciñas e veciños de Lodoselo, participantes nos distintos programas do CDR O Viso vivenciamos esta mañá xuntos esta loita que tamén se levou a cabo en moitísimos recunchos do país.

A pesar das adversidades que nos tocou vivir nestes tempos, o latido das xentes da España Baleirada resiste contra vento, marea e esquecemento. O seu  corazón segue latexando como aquel 31 de marzo de 2019. Forte, con ganas.

Esa España que non importa… ¡Sigue estando aquí!, esixindo, reivindicando e propoñendo, firme.  Pese ás adversidades, non nos rendemos.

Somos a resistencia dunha forma de vida.

Porque atender ás necesidades dos habitantes da España Baleirada é unha cuestión que vai máis alá da xustiza.

Porque sen aldeas e as súas xentes non hai futuro.

Hoxe, dous anos despois: ¡A  España Baleira non se rende! ¡A España Baleira non será calada! ¡A Revolta continúa!

Esta nova en imaxes, no Kizoa: https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d356509193k4452367o2l1/31 de marzo 2021

Escoita esta nova en Radio Lodoselo:

https://www.ivoox.com/31-marzo-2-aniversario-revolta-espana-baleirada-audios-mp3_rf_67704328_1.html

Esta nova na Radio Galega: http://www.crtvg.es/rg/podcast/a-tarde-a-tarde-do-dia-31-03-2021-4912837?t=1170

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Vídeos
Enlaces
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies