Infórmate > Noticias 

Noticias 

Iniciamos a Teleformación no CDR O VIso
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

19/02/2021

1 de 1

No mes de Febreiro, iniciamos a Teleformación para mellorar as posibilidades de atopar emprego e medrar os coñecementos e habilidades en áreas de traballo que son demandadas na Comarca da Limia.

Comezamos cunha oferta formativa que contempla a realidade de hoxe en día e fai fincapé na adquisición de competencias para o Teletraballo, a limpeza e desinfección.

Durante o ano 2021 iremos desenvolvendo máis cursos, segundo as necesidades das persoas que participan no Programa Itinerarios Integrados para loitar contra a despoboación rural e que están na busca de emprego ou persoas que traballan e queren actualizar os seus coñecementos nunha área específica.

Na actualidades temos en marcha as seguintes accións formativas:

  • Comunicación telefónica e Atención ao cliente en Telemárketing. 20 horas.
  • Primeiros Auxilios para persoas con Discapacidade. 25 horas.
  • Limpeza e desinfección na Industria Alimentaria. 20 horas.
  • Planificación de Menús e dietas especiáis. 12 horas.
  • Atención ao Cliente e calidade no servizo. 25 horas.
  • Estimulación Temperá. 30 horas

As persoas que consideren que esta formación é do seu interese para mellorar as súas capacidades profesionais, deberán ser atendidas dende o Servizo de Orientación Laboral e valorar a mellor canle para o acceso ao emprego.

Para aquelas persoas que teñan dificultade para facer a formación en liña, no noso centro temos equipos informáticos e conexión Wiffi, no Punto TIC do CDR O VISO, nos que facer a teleformación gratuita.

Esta formación enmarcase nos Itinerarios integrados para loitar contra a despoboación rural. POISES, cofinanciado polo FSE con cargo ao programa operativo do mesmo nome, pertencente ao FSE 2014-2020 (CCI 2014ES05SFOP012)

Se pensas que esta formación pode ser útil para atopar traballo ou mellorar a túa situación, contacta con nós:

Centro de Desenvolvemento Rural O Viso

Rúa Ladeira, 21, Baixo. Xinzo de Limia

Telf: 988461571

mail: orientacionlaboral@cdroviso.org

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > D. Área de Inclusión Social e Laboral > D.3- Orientación e Inserción laboral

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies