Infórmate > Noticias 

Noticias 

Visita de CAS (Colectivos de Acción Solidaria)
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

04/10/2020 | Lodoselo

A experiencias innovadoras de atención a persoas maiores

1 de 1

O pasado 24 de setembro estiveron con nós representantes de Entidades do Colectivo CAS (Colectivos de Acción Solidaria) participantes no pragrama " Quedo na miña casa e no meu contorno".


Colectivos de Acción Solidaria ( CAS) é unha asociación de ámbito estatal, constituída por persoas e entidades que levan anos traballando comprometidas coa transformación social da súa contorna. Inscríbese no Rexistro Nacional de Asociacións o 29 de marzo de 1989, en 2001 é declarada de Utilidade Pública e desde o ano 2011 posúe o Certificado de Calidade EFQM. É unha organización viva, dinámica e reivindicativa, composta por vinte entidades presentes en oito comunidades autónomas.
A visita a Lodoselo non se puido facer in situ así que foi virtual a través dunha sesión por ZOOM. O Obxectivo era coñecer experiencias referentes de apoio e coidados para que as persoas maiores poidan vivir na súa casa, no seu pobo e na súa contorna ata o final da súa vida.
Así, co compromiso de achegarse ata aquí cando as circuntancias sexan outras, estivemos conectados e dialogando a traves das redes xente do rural de Salamanca, Aragón, Ávila, Tenerife, Palencia, Segovia, Lugo..., coñecendo o que se fai e tratando de buscar respostas ás necesidades das persoas que viven nestes lugares.

Moitas grazas por contar con nós, polo voso interese e as preguntas que case sempre veñen a ser achegas xa que nos posibiltan facer unha lectura máis axustada da realidade e así podermos mellorar a nosa intervención.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

banner

        

 

 
Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

aceptacookies