Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 04/07/2018 | Irena

Irena e Ruben no telexornal da televisión galega

04/07/2018

Telexornal Mediodía
Mozos estranxeiros conviven no verán cos maiores en Lodoselo
Publicado o 04/07/2018 15:26

Mozos estranxeiros conviven este verán cos maiores na aldea ourensá de Lodoselo atraídos polo medio rural e pola posibilidade de dar futuro ao pasado. Un intercambio cultural no que, ademais de axudar nas actividades cotías, comparten experiencias e aprenden o idioma. Unha inciativa do Centro de Desenvolvemento Rural do Viso onde todos saen gañando.

"É un programa que xa leva moitos anos co CDR, a min gústame especialmente porque nos axuda moito ao labor que facemos coa xente maior aquí no centro. Ao ser xente nova, e como que non é sempre o mesmo, axúdannos a dinamizar o día a día e ademais colaboran en todas as actividades, tanto de tipo máis recreativo ou lúdico como nas terapeúticas", di Helena Blanco, terapeuta ocupacional do CDR do Viso.

"Ao principio danse situacións moi graciosas, porque non se entenden, pero, bueno, a linguaxe corporal e actividades que vamos facendo pois axudan por un lado a que eles aprendan o castelán e a xente máis maior, pois aproveitamos para mellorar a comunicación", explica Helena Blanco.

"Eu aprendín español aquí e cando cheguei eu no sabía nimgunha palabra en castelán. Estou moi contenta, traballo aquí en Lodoselo cos maiores pero tamén cando hai no pobo escola traballo con nenos", di Irena, voluntaria chegada dende Bosnia.

http://www.crtvg.es/informativos/mozos-estranxeiros-conviven-no-veran-cos-maiores-en-lodoselo-3826179

Arquivada en:
Infórmate > Noticias