Axenda de actividades
© CDROViso | 09/05/2018 |
Concilia 2018 Lodoselo
01/07/2018 - 31/08/2018 | Lodoselo, Sarreaus
Dende o CDR O VISO ofertamos unha alternativa de tempo libre, coa intención de proporcionar axuda ás familias da comarca da Limia con nenos e nenas de entre 4 e 12 anos, para que poidan conciliar a súa vida familiar, persoal e laboral durante os meses de Xulo e Agosto.
A primeira semana de xullo (dende o domingo 1 ata o sábado 7) levaremos a cabo un campamento en horario completo (24 horas durante os 7 días).
Dende o 16 de xullo ata o 31 de agosto ofertamos un programa lúdico gratuíto de conciliación polas mañás, de 09:00h a 14:00h de luns a venres.
Prazo de preinscricións: dende o 15 de maio ata o 15 de xuño.
Para máis información e/ou preinscricións: Praza Maior, nº 1, andar 1º, Xinzo de Limia. Telf.: 988461571
Lugar de celebración:
Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades