Infórmate > Noticias 

Noticias 

Alimentación e hábitos saudables
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

20/04/2018 | Xinzo de Limia

Dentro do programa socioeducativo INTÉGRATE

1 de 3

 

O xoves 19 de abril, da man de Pablo García Vivanco e dentro do noso programa socioeducativo “INTÉGRATE” celebramos unha xornada sobre alimentación e hábitos saudables.

Unha alimentación equilibrada, a práctica habitual de exercicio físico e un estilo de vida saudable en xeral, teñen un papel fundamental á hora de manter unha boa saúde, tanto a nivel físico como a nivel psicolóxico. Dos moitos dos beneficios resultantes de levar a cabo uns hábitos saudables, un dos máis importantes é favorecer a prevención de enfermedades como a obesidade, diabetes, enfermedades cardiovasculares...

Neste contexto os consellos de Pablo foron moi útiles para as nosas usuarias, que contaron coa posibilidade de facer medicións de glucosa e tomas de tensión e valorar cada caso en función dos resultados.

Das moitas cousas que aprendemos quedámonos con que estudos recentes defenden que o illamento quita ata 20 anos de vida. A sociabilidade e o contacto entre as distintas culturas levan a ter una mente aberta, sana e lonxeva.

A participación e o interese por parte de todas foi espectacular, non foi unha mera charla, foi moito máis. Repetiremos de seguro.

Moitas grazas Pablo!

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info