Noticias
© CDR O Viso | 27/08/2017 | 1
Derradeira semana do Concilia verán.
27/08/2017 | Lodoselo
Xa na recta final desta actividade; quedan só catro días para o punto e final. Esta pasada semana tivemos a sorte de compartir -nalgúns momentos: comedor no centro de inclusión, rectoral, campo da Lama- espazos co grupo de educador@s que está realizando o curso de educador@s de tempo libre.
Poñemos aquí algunhas imaxes dunha das actividades; foi a visita á finca na que o noso amigo Fran, Francisco Gil Mouriño ( # Adopta-Me Lodoselo) nos acompañou e explicou a labor que alí está a realizar con outra xente. Ademais de concienciar da importancia do trato ós animais conseguiu que dous nen@s que, de entrada, non querían entrar ó recinto polo medo que lle tiñan ós cans acabaran acariñándoos e gozando da súa compaña. Moitas grazas, Fran.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias