Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 30/09/2017 | 1

Sábado adicado á apicultura

Formación FSE e MAGRAMA

30/09/2017 | Lodoselo

  Como estaba programado este último sabado do mes xuntámonos abelleir@s da contorna para aprendermos máis sobre o apaixoante mundo da abellas. Da man de Jaime Peralta Corderí e Luis Domínguez Salgado, pola máñá, traballamos sobre o estado da colmea; manipulación; alimentación (pros e contras, variedades e mesturas). Tamén sobre a estimulación, desbloqueo, organización dentro de la colmena; o ciclo de vida das abellas: Identificación dos distintos estados larvarios. Finalmente sobra a partición, a creación de núcleos...

Despois de xantar con Perfecto García a temática foi a Apicultura ecolóxica. E rematamos co calendario do apicultor: actividades a desenvolver en cada época do ano.

Tivemos a visita, pola mañá, dunha persoa da Subdelegación do Goberno en Ourense que estivo realizando unha dilixencia de control desta actividade: profesorado, alumnado, instalacións, medidas informativas, apoios didácticos... Este curso enmárcase dentro do Programa Plurirregional de Formación financiado polo FSE e o MAGRAMA.

O domingo tamén adicaremos a xornada,  contando con Xesús Asorey Martínez, ao que hai que saber da vida e comportamento da vespa velutina nigrotorax;  vixiancia e control da velutina, importancia da apicultura para a mellora da biodiversidade. Pola tarde con Perfecto García González abordaremos as consecuencias que está tendo na apiicultura o cambio climático, os novos parásitos e enfermidades, posibles solucións…

Arquivada en: