Axenda de actividades
Curso intensivo Directoras/es de Actividades de Tempo Libre.
Dende o 30 de xullo ata o 13 de agosto, de 09.00 h. a 14.00 h. e de 16.00 h. a 21.00 h. (150 horas). Prazo de preinscrición: ata o 15 de xuño. Prezo: 230 €. Posibilidade de media pensión ou pensión completa no albergue.
30/07/2018 - 30/07/2018 | Lodoselo
Título de directoras/es de acitividades de tempo libre, homologado pola Xunta de Galicia. Para poder matricularse neste curso requírese:
- Estar en posesión do título de monitor/a de actividades de tempo libre.
- Posuír, polo menos, un título de ensino secundario.
- Acreditar unha experiencia de traballo como monitor/a no eido da educación/animación no tempo libre de, alomenos, 250 horas; ou como integrante no equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor/a.
O curso consta de dúas fases:
- Fase teórico-práctica: 150 horas lectivas durante 15 días consecutivos. Metodoloxía activa, dinámica e participativa.
- Fase práctica: mínimo 14 días de dirección dunha actividade de tempo libre realizada en colonias ou campamentos; ou 150 horas de actividade periódica nunha entidade ou asociación que traballe no eido do tempo libre.
Para a obtención do título hai que superar ambas fases.
Lugar de celebración:
Albergue do CDR O Viso en Lodoselo, Sarreaus (Ourense)
Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades