Noticias
© CDR O Viso | 18/01/2022 | Inicio de nuevas acciones formativas
Apoio na Procura de Emprego
18/01/2022 | Comarca da Limia
Comezamos o ano 2022 dando continuidade ao noso Programa de Intinerarios Integrados para Loitar contra a Despoboación, para apoiar ás persoas na procura de emprego e na mellora da súa formación.
Neste ano continuaremos cos cursos de Formación gratuíta na modalidade de Teleformación, desta forma, cada persoa organiza o seu tempo para facer a formación segundo as súas necesidades e a súa dispoñibilidade.
Os cursos que xa temos dispoñibles son:
• Xestión Básica de Almacén (30 horas)
• Atención ao cliente e calidade do Servizo (35 horas)
• Factura Dixital (40 horas)
• Primeiros Auxilios para persoas con discapacidades (35 horas)
• Administración de Alimentos e Tratamentos para Persoas Dependentes no Domicilio (60 horas)
• Proximamente informaremos do comezo de novas Accións Formativas.
Pola outra banda, continuaremos cas actividades de acompañamento na procura de emprego:
• Informamos de ofertas de emprego de forma personalizada.
• Ensinamos a consultar as ofertas de emprego e coñecer os Servizos dispoñibles no Servizo Público de Emprego de Emprego de Galicia.
• Axudamos no proceso de aprendizaxe para facer xestións telemáticas coa Administración (SEPE, Seguridad Social, Sede Electrónica dos concellos, da Xunta de Galicia…)
• Asesoramos e axudamos na preparación do currículum.
• Temos a disposición da población un espazo con conexión a Internet e con equipos informáticos para facer a formación, realizar consultas de emprego …
• Damos ferramentas e ensinamos estratexias para enfrontar adecuadamente unha entrevista de traballo.
Estas actuacións enmárcanse no Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES-CCI2014ES05SFOP012) do Ministerio de Traballo e Economía Social, dentro do seu eixo para promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e son cofinanciados polo Fondo Social Europeo (O FSE inviste no teu futuro) e o Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio Rural da Xunta de Galicia (regulado pola Orde do 9 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).
Para poder participar nestas accións é preciso pedir cita previa por teléfono ou na nosa oficina:
Centro de Desenvolvemento Rural O Viso
Rúa Ladeira, 21, baixo. Xinzo de Limia.
Telf.: 988 461 571
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > D. Área de Inclusión Social e Laboral > D.3- Orientación e Inserción laboral