Axenda de actividades
© Tomás García | 08/09/2018 | Casa Lodoselo
COCEDER e o CDR O Viso impulsan un Banco de Casas e Terras
Dentro dun programa estatal contra o despoboamento
02/05/2018 - 31/12/2018
COCEDER (Confederación de Centros de Desenvolvmento Rural) en colaboración cos CDRs que o conformamos puxemos en marcha un banco de casas e terras dentro dun programa estatal de sensibilización e concienciación sobre o despoboamento e a necesidade de emprendemento no medio rural.
Unha das accións deste proxecto é a creación dun fichero de casas sen habitar, recollendo os datos dos propietarios que queiran cedelas, alugalas ou vendelas. Tamén coas terras non aproveitadas na actualidade.
O obxectivo é sensibilizar, concienciar da situación actual do medio rural, transmitir a necesidade dun cambio político, económico e social que fomente o noso medio como oportunidade onde vivir sen exclusión. Á vez queremos contribuír á necesidade do emprendemento no medio rural como un dos elementos para frenar o despoboamiento dos nosos pobos.
As personas interesadas en participar deste banco de terras e casas poden poñerse en contacto co CDR O Viso no teléfono: 988461571 e/ou no correo info@cdroviso.org
Lugar de celebración:
Arquivada en:
Infórmate > Noticias