Infórmate > Noticias 

Noticias 

Participamos no Programa de Cooperación - Garantía Xuvenil
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

04/10/2016

Benvido, Óscar!

1 de 1

Contamos cunha nova persoa no Centro de Información e Servizos Integrados (CIX) grazas á nosa participación no Programa de Cooperación e Garantía Xuvenil, subvencionada pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e co financiamento do Fondo Social Europeo (FSE). Esta actuación está ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que sestablecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través de programas de cooperación con entidades sen ánimo de lucro, dirixidos a mellorar a empregabilidade e inserción profesional das persoas mozas incluidas no ficheiro de Garantía Xuvenil, no ámbito do Programa Operativo de Emprego Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Durante sete meses, contaremos coa axuda de Óscar, agardando que poida sernos de utilidade para seguir prestando un servizo cada vez máis eficiente a nosa comunidade e axudando á mellora da empregabilidade e á inserción profesional da mocidade.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info