Infórmate > Noticias 

Noticias 

Participamos no Programa de Cooperación - Garantía Xuvenil
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

12/12/2017

Benvid@s, Andrea e Hicham!

1 de 3

Dende hoxe, 12 de decembro, contamos cos dúas novas persoas  no Centro de Información e Servizos Integrados (CIX) grazas á nosa participación nos Programas de Cooperación - Programa operativo de Emprego Xuvenil.
TR352C -. Subvencións para a contratación de traballadoras/es desempregadas/os polas entidades sen ánimo de lucro. Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.  Subvencións para o fomento do emprego a través de programas de cooperación con entidades sen ánimo de lucro, dirixidos a mellorar a empregabilidade e inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro de Garantía Xuvenil, no ámbito do Programa Operativo de Emprego Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia.
Durante sete meses, contaremos no CIX coa axuda de Hicham e Andrea, agardando que poidan sernos de utilidade para seguir prestando un servizo cada vez máis eficiente a nosa comunidade e axudando á mellora da empregabilidade e á inserción profesional da mocidade.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info