Accesibilidad

Noticias 

Lodoselo: Pobo-escola

23 de maio: Día das clases ó aire libre

24/05/2019

De cheo, na tempada que a maioría dos grupos acuden ao Pobo-escola, salientamos hoxe día 23 de maio porque se celebra o Día das clases ó aire libre. O Día das clases ó aire libre é unha campaña para celebrar e fomentar que @s niñ@s xoguen e aprendan ó aire libre.

Neste día sinalado recibimos ó Ceip Rosalía de Castro de Xinzo e velaquí unhas imaxes que salientan este gozar do contacto coa terra, cos animais, co medio... entre persoas.

Grazas a este e a todos os centros que pasades por aquí e apoiades este proxecto porque vindo a Lodoselo estás posibilitando que o CDR "O Viso" faga posible o que nos parece necesario: recuperar para a acción educativa o patrimonio cultural e social da comunidade rural. Os ingresos van destinados ós programas sociais que temos en marcha: comedor social, axuda e acompañamento a familias desfavorecidas, vivenda comunitaria, centro de inclusión, etc...

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d271504565kP912087014o2l1/ceip-rosala-23-maio-2019

Arquivada en:
Infórmate > Noticias