Accesibilidad

Noticias 

© CDROViso | 26/10/2018 |

Curso de formación dixital.

Tódolos venres de 10.00h. a 11.30h.

26/10/2018 | Lodoselo, Sarreaus

O pasado venres comezamos o curso de Formación Dixital no Centro de Inclusión de Lodoselo dende as 10.00h. ata as 11.30h., no que participan 17 persoas cada venres. Nunha sociedade tecnolóxica e dixital como a nosa conviven os/as que naceron xa  neste mundo tecnolóxico e os/as que se teñen que adaptar a él. Un sector da poboación con risco de exclusión neste ámbito son as persoas adultas, xa que veñen dun mundo completamente analóxico e pídenselle habilidades tecnolóxicas que non teñen. Mediante esta formación traballamos de forma cercana para que este sector da poboación consigan ser autónomos, sexan capaces de usar un dispositivo móbil así como entender o vocabulario e ter as habilidades dixitais necesarias para desenvolverse.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias