Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 06/04/2020 | pantallas de proteccion

A forza da comunidade organizada

Somos o que facemos.Grazas a quen nolo posibilita

06/04/2020 | A Limia

Queremos, dende o CDR O Viso, sen deternos no noso cometido cotiá, retribuír alomenos con palabras a todas as persoas, empresas, institucións... que están a posibilitarnos axuda ó longo deste tempo protagonizado polo demo do Coronavirus e dicirlles: GRACIÑAS, GRACIÑAS, GRACIÑAS.

Porque a gratitude en silencio non serve a ninguén e o que recibe endexamais debe esquecer. Supón a estima e tamén a obriga que nos impoñemos de corresponder levando adiante un cometido que fainos decatar, a nós e ós demais, de sermos mellores persoas xa que ser solidarios é sentirnos á altura dos demais ("á altura do corazón dos demais" dicía Shakespeare).

Comezando polo propio persoal laboral (tod@s, pero especialmente as auxiliares da vivenda comunitaria) e voluntario que contribúe asumindo uns protocolos e coidados extras para protexerse e asi protexer; e mesmo algunha persoa que segue indo a facer os repartos de forma voluntaria (estando de vacacións!!!). E seguindo polas chamadas de familiares, amigos, membros e simpatizantes do CDR O Viso que contactan para interesarse por como vai todo, polo estado das persoas que atendemos.... 

Pero tamén: 

- Gadisa (pola doazón de alimentos e produtos de hixiene),

- Farmacia Prieto Vivanco (mascarillas, xel hixienizante e outro material de protección),

- Ceip Rosalía de Castro (7 pantallas de protección),

- Ferretería Gregorio (material de protección),

- Lorena Lozano estética y belleza (pantalóns para os EPIS),

- Patacas fritas Guays (batas e gorros),

- Garpony (empresa de Guadalajara coa que contactamos e que nos enviou luvas),

- Concello de Sarreaus (mascarillas e hidroxel) e a agrupación de protección civil (que vai desinfectar os arredores tanto da vivenda comunitaria coma do Centro de Inclusión),

- Concello de Xinzo (mascarillas de tela feitas polas veciñas e veciños, equipos de protección: batas, calzas e mandís de plástico),

- Deputación de Ourense (que aproba en xunta de goberno extraordinaria unha partida para 18 organizacións entre as que estamos por ser unha entidade, di,  que está directamente en contacto coas personas afectadas e dispoñen xa de redes de atención ás personas especialmente vulnerables, así como de mecanismos áxiles de resposta dinámica fronte ás demandas de asistencia social que se van presentando...),

- Xunta de Galicia: Medio Rural  (veu desinfectar os arredores de A túa Outra Casa- vivenda comunitaria tutelada-), Consellería de Sanidade (a través do equipo de coordenación da comarca de Xinzo, Centro de Saúde) e C. de Política Social (material de protección) que ademais chaman todos os días para facer o seguimento da situación e

- Ministerio de Sanidade (material de protección).

Nalgúns casos as partidas recibidas foron moi escasas (sobre todo ó principio) pero con algo de cada lado e as compras extras que se poideron ir facendo temos tido o necesario no día a día.  

http://www.cdroviso.org/files/mscoviso/2020-10/5-21-48-1.admin.Cartel_Deputacion_2020.docx_page-0001.442x.jpg

Arquivada en:
Infórmate > Noticias