Accesibilidad

Axenda de actividades

© CDR O Viso | 26/01/2022 | Apoyo y asesoramiento para el asentamiento y la fijación de nuevas personas pobladoras en el medio rural

Programa IRPF estatal

Pprograma de sensibilización e concienciación sobre o despoboamento e a necesidade de emprendemento no medio rural

01/01/2022 - 31/12/2022 | A Limia

Un ano máis e grazas ó Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, a través da Secretaría do Estado de Dereitos Sociais e da Secretaría para a Axenda 2030, executaremos un programa contra o despoboamento ó longo de 2022. Damos continuidade pois a este programa de sensibilización e concienciación sobre o despoboamento e a necesidade de emprendemento no medio rural no que levamos traballado dende o 2018. Cabe destacar que a partida provén da área de Dereitos Sociais e procede da aportación do 0,7% que as persoas contribuíntes facemos na declaración da renda anualmente.
A agonía demográfica ten unha serie de consecuencias que esta e outras iniciativas coma esta tentan paliar. A emigración de mozas do rural que non cesa; o abandono do patrimonio e dos recursos naturais; a perda de identidade dos pobos; a falta de conservación do medio e a aparición de problemas ambientais; a desaparición do mantemento da produción do campo; a desaparición de servizos básicos; o illamento dos núcleos rurais; a fenda dixital...
Seguiremos a traballar a sensibilización na poboación local da necesidade de acoller a xente que axude a revitalizar a comarca; a axudar a acoller e asentar persoas procedentes doutros lugares así como apoiar a súa integración na comunidade. Esta actuación permitirá tamén localizar e asesorar ás persoas ou familias que desexen ofrecer propiedades para alugar mantendo actualizado o banco de casas e terras dispoñibles.
Segue en marcha a plataforma que canaliza o interese de persoas e familias doutras zonas de Galicia, do estado, de Europa ou incluso doutras zonas do planeta. É esta: http://volveralpueblo.org/
Esta actividade estase a desenvolver en paralelo noutras entidades da Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER) co obxectivo último de revitalizar a nosa terra, o noso medio rural.

Lugar de celebración:

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades