Noticias
© CDR O Viso | 10/10/2019 | 1
Día Internacional das persoas maiores
Celebrámolo traballando e con festa
03/10/2019 | Lodoselo
Si, porque coa axuda de Eloy e Pili recollemos algúns produtos da horta (sobre todo sementes dos que aínda non o fixeramos); tamén coa participación do persoal da casa niño, vivenda comunitaria, centro de inclusión... E algún convidado para completar o grupo de música que amenizou os tempos ata o xantar, que compartimos tod@s xuntos.
O persoal de cociña, sobre todo e os dous voluntarios do Servizo de Voluntariado Europeo colaboraron especialmente cos bailes.
O Día Internacional das Persoas Maiores, recoñece a ONU, é unha oportunidade para poñer de relevo a importante contribución das persoas maiores á sociedade e para concienciar sobre os problemas e os retos que supón o envellecemento no mundo actual.
As persoas maiores sempre desempeñaron un papel importante na sociedade como líderes, coidadores e custodios da tradición. Con todo, tamén son moi vulnerables, e moitos caen na pobreza, quedan discapacitados ou sofren discriminación.
A Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable ( ODS) recoñecen que o desenvolvemento só se pode lograr se inclúe a todas as idades. Empoderar ás persoas maiores en todos os ámbitos do desenvolvemento, incluída a súa participación na vida social, económica e política, axuda tanto a garantir a súa inclusión como a reducir as numerosas desigualdades ás que se enfrontan estas persoas.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias