Infórmate > Noticias 

Noticias 

A SGHN celebra o día Mundial dos Humidais
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

03/02/2018 | Lodoselo

Cunha xornada de campo divulgativa

1 de 7

Onte, 2 de febreiro, cumpríronse 47 anos da Convención Internacional sobre os Humidais, celebrada en Ramsar (Irán), e 7 anos da constitución da Sección Antela da SGHN. Conmemorando a data da Convención de Ramsar, dende 1997 cada 2 de febreiro celébrase o Día Mundial dos Humidais; neste ano co lema: "Os humidais urbáns fan que as cidades sexan habitables".

A Sección Antela de SGHN celebrou hoxe o Día Mundial dos Humidais e o seu propio aniversario cunha xornada de campo divulgativa das restauracións de humidais que está a desenvolver no complexo húmido Limia-Antela

E, un ano máis tivemos a sorte de acollelos, para xantar, nas dependencias do CDR O Viso, en Lodoselo. Despois poidemos ver o espectacular traballo que fixo Tomás García, que recolleu nuns paneis informativos o feito no humidal Antonio Villarino nas Veigas de Vilaseca; e ademais gozando das explicacións de todo o proceso (empregando como punteiro un pau de toxo) de Serafín González Prieto.  

Arquivada en:

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info