Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 24/05/2021 | Sábados en Familia. A Forxa

Sábados en Familia

A proposta do CDR dun lecer limiá saudable 

24/05/2021 | A Forxa

O próximo sábado, 29 de maio, teremos outro Sábado en Familia. Desta volta será na Forxa, Concello de Porqueira, onde percorreremos a aldea, visitaremos a Torre e camiñaremos ata a Fírbeda, a fervenza do río do mesmo nome que transcorre polo lugar.
A Torre da Forxa, a Torre de Porqueira e mesmo chamada a Torre da Fírbeda é unha fortaleza medieval do século XI destinada a vixiar a lagoa. Formaba parte dun sistema defensivo composto polas torres de Sandiás, Torre da Pena e a desaparecida de Celme.
O Fírveda é afluente do río Limia e é a unión de varios regatos que nacen no concello de Calvos de Randín. Durante o seu recorrido atravesa a parte máis oriental da Serra de San Tomé, pequeña serra paralela ó río Limia.  É aquí onde o río comeza a encaixarse nun estreito val e descende cen metros en apenas dous kilómetros formando as  espectaculares fervenzas.
Cos Sábados en Familia achegámonos ó noso patrimonio natural e cultural, visibilizamos a riqueza paisaxística da Limia e favorecemos un tempo libre saudable para nenas, nenos e persoas adultas.
Esta actividade é posible grazas ó financiamento obtido da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada a   programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Para participar lembra inscribirte no 988461571 ou en areaeducativa@cdroviso.org.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias