Noticias
Campaña nos IES sobre o comercio xusto
Nova de Iván Olmos en La Región
13/10/2016 | Xinzo de Limia
A pasada semana, o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso comezou as súas campañas informativas e de sensibilización visitando os institutos da comarca da Limia.
Estiveron coa mocidade dos IES, presentanto a primeira das campañas, consistente en explicar e animar aos rapaces a colaboraren Comercio Xusto.
Na oficina do Centro de Información Xuvenil da asociación, teñen instalada uha pequena tenda deste tipo de comercio para que toda a comunidade da Limia poida coñecer "esta otra forma de ayudar a los países empobrecidos o en vías de desarrollo". Trátase dun comercio no que se lles paga un prezo xusto aos produtores e que procura asegurar o respecto aos dereitos humanos e ao medio ambiente.
A asociación limiá contou para estas primeiras visitas coa colaboración dunha alumna en prácticas de Traballo Social da Universidade portuguesa Tras-os-Montes e Alto Douro. O Viso ten previsto continuar con estas campañas sensibilizando sobre outros temas de índole social no rural.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias