Accesibilidad

Axenda de actividades

© CDR O Viso | 10/09/2016 | Cartel J. voluntariado

Algunhas actividades para este outono

Xornada de Voluntariado e Cursos de Axudante de cociña e Español básico

17/09/2016 - 28/11/2016 | A Limia

Desde o CDR O Viso poñemos en marcha tres actividades para as que xa está aberto o prazo de inscripción:

1. Unha xornada de Voluntariado que terá lugar o sábado 17 de setembro en Lodoselo. Hai que inscribirse antes e o obxectivo é celebrarmos un encontro entre aquelas persoas que xa están participando como voluntari@s nesta entidade e incentivar a aquelas outras que teñen un tempiño e a aposta de querer axudar ós que o precisen, aquí na nosa contorna. Esta actividade está enmarcada dentro do programa de formación e promoción do voluntariado do CDR. Programa subvencionado con cargo ó IRPF 2015 a través da Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER).

2. Un curso de español básico de 60 horas, que se impartirá no Ceip Rosalía de Castro de Xinzo de Limia entre o 20 de setembro e o 28 de novembro en horario de tarde, os martes e xoves. O Obxectivo é empoderar á poboación inmigrante a través do coñecemento básico do idioma e da cultura española;  ir xerando aprendizaxes do cotiá que coadxuven á súa inserción sociolaboral e lles atribúan un papel activo na sociedade.  

3. Un curso de axudante de cociña de 100 horas e outras 40 de prácticas en empresas coas que xa se formalizaron convenios de colaboración. A data de comezo será o 3 de outubro. Xa que un dos sectores económicos que demanda unha formación específica, na nosa comarca, é a hostelería, ofertamos este curso para dotar dunha formación específica no perfil de axudante de cociña co ánimo de facilitar a inserción laboral.

Estes dous cursos son subvencionados pola Consellería de Política Social a través da convocatoria destinada a entidades de iniciativa social para os anos 2016/17, para a promocion de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social. Actividade cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.  

Lugar de celebración:

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades