Accesibilidad

Noticias 

O CDR O Viso en O que non arde

Xornadas de Silvopastoreo e Desenvolvemento Rural do 17 ó 19 de setembro

06/09/2021 | Vilela. Navia de Suarna

Están organizadas pola Deputación de Lugo en colaboración coa Asociación Ser e a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes e terán lugar na Casa Quindós, o centro de desenvolvemento rural promovido polo cineasta Oliver Laxe en Vilela. Se coa película O que arde o Oliver Laxe puxo a Os Ancares no mapa da historia do cine,  agora con O que non arde o cineasta, que se estableceu nesta parroquia do Concello de Navia de Suarna fai unha aposta firme para traballar en proxectos vinculados ao desenvolvemento rural.
As xornadas inclúen relatorios e mesas redondas centradas en prestar apoio e transferir coñecemento a persoas con proxectos a desenrolar no rural, aproveitando a gran potencialidade produtiva coa que conta este país.
As datas iniciais das mesmas eran do 25 ó 27 de xuño e tiveron que ser  aprazadas por prudencia tras detectarse un caso positivo por covid-19 entre os miembros da organización.
Retómanse agora e contan cun amplo programa de relatorios e actividades complementarias encamiñado a presentar distintas experiencias en materia de desenrolo rural levadas a cabo tanto en Galicia como en Asturias, Cataluña... e inclúe tamén a reunión de primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, centrada nesta ocasión no aproveitamento do monte con gando cabrún.
Con este mesmo nome «O que non arde» tamén se presentara no verán de 2020 un plan de axudas dotado con 60.000 euros para o mantemento de faixas de biomasa. Un programa da Deputación de Lugo, que conta coa imaxe do cineasta, e que serve de apoio ós concellos da provincia que velan polo cumprimento da normativa de prevención e defensa dos lumes forestais mediante plans de xestión e mantemento das faixas secundarias de biomasa e faixas laterais das redes viarias municipais.

Arquivada en: