Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 28/11/2017 | Nos IES

Outro 25 de novembro

Rompendo a cadea

27/11/2017 | A Limia

Para rematar o noso recorrido polos centros fixemos dúas paradas nos IES Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela. Levamos a cabo actividades relacionadas coa campaña "Rompendo a cadea",  analizando os micromachismos presentes na música actual,  estereotipos e linguaxe sexista. Coa simboloxía dunha tixeira para romper todos eses conceptos e situacións. Moitas grazas á mocidade por tanta implicación e gañas de romper coa violencia!

Outro 25 de novembro para reivindicar un mundo sen violencia contra as mulleres,  para lembrar a tódalas guerreiras e seguir loitando contra esta lacra.
Pola mañá estivemos na praza cunha mesa informativa rompendo coa violencia mediante unha dinámica de globos,  e concienciando ás persoas da gravidade deste tema mediante imaxes reais de mulleres maltratadas. Ás 12.00, o noso compañeiro Juan procedeu á lectura do manifesto,  pedindo que este día reivindicativo pase a ser de celebración por poñer fin a esta triste realidade.
Pola tarde, mozas e mozos, de Xinzo de Limia e arredores, xogaron un partido de fútbol sala metendo goles por tódalas valentes,  equipos mixtos onde se respiraba moito respeto e solidaridade, con un resultado final perfecto de empate.
E para fechar este día, a peza de microteatro "Angustia Fabricada" interpretada polo actor Aarón Gallego e a actriz Carla Fernández, curtiña pero con un alto contido emocional. E unhas fermosas palabras escritas por Alba,  unha alumna de 3 de ESO do IES Cidade de Antioquía que nos emocionaron moito a tod@s. Moitas grazas a cada un e cada unha de vós por participar e unirvos a nós nesta causa!

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d154754239kP552837324o2l1/25-de-nov-2017-2

Arquivada en:
Infórmate > Noticias