Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 03/08/2021 | Oficina

Relevante colaboración económica do Concello de Xinzo de Limia

Para cofinanciar algúns proxectos do CDR O Viso

03/08/2021


Con data do 29 de xullo recibimos agradecidos a comunicación da iniciación dos trámites para conceder  unha subvención  de carácter nominativo ó CDR O VISO por existir razóns de interese público e social. O importe ascende a 5.000 euros. A Xunta de Goberno Local toma este acordo por unanimidade dos membros asistentes. A criterio da Alcaldía esta asociación realiza unha importante labor no ámbito do fomento dos servizos sociais na vila e pobos de  Xinzo de Limia, e contribúe a poñelos en valor  nas diferentes actuacións en que participa.
O CDR presta sobre todo SERVIZOS DE PROXIMIDADE (COMEDOR SOCIAL A DOMICILIO...) E ATENCIÓN URXENTE PARA FACER FRONTE ÁS NECESIDADES tanto na vila coma en moitos pobos do Concello de Xinzo e da comarca.
Algunhas das diferentes accións realizadas e que se seguen facendo son:

- Servizo de comedor a domicilio: o reparto diario de xantares e algunhas ceas tamén de comedor social. Unha media de máis de 60 comidas cada día e todos os días do ano a persoas deste Concello tanto na vila coma en moitos dos pobos deste Concello. Puntualmente prestouse este servizo a persoas/familias que deron positivo de COVID e que o necesitaron.

- Reparto, dous días á semana, de produtos frescos e básicos de alimentación provintes, na súa mayoría, de doazóns (sobre todo das que recibimos diariamente de Mercadona)

- Pagamento de recibos de alugueiro e de subministros (productos de hixiene, de farmacia, de auga, luz e gas entre outros) a persoas/familias que o necesitan.

O equipo da entidade mantivo reunións de coordinación interdisciplinar cos servizos sociais comunitarios básicos do Concello e seguimos a facelo.
Desde o CDR O Viso agradecemos que por segundo ano, tamén desde o Concello de Xinzo, nos sigan a posibilitar medios para poder seguir facendo posible o que é necesario. Lembrar que unha das sedes do CDR está na rúa Ladeira nº21 con persoal ó dispor de quen o necesite.

 

Arquivada en: