Accesibilidad

Noticias 

Na procura dun plan educativo específico para o rural

Foro organizado pola Confederación de ANPAS Galegas

05/05/2021 | Enlace para conectarse

A Confederación de ANPAS Galegas ten organizado catro foros ó longo do mes de maio na procura dun plan educativo específico para o rural. Desde o CDR O Viso loamos esta iniciativa e agradecemos o convite a participar nun deles. "O Medio educa".

Velaquí a información do primeiro destes foros sobre a Contorna na educacion que vai ter lugar este vindeiro venres, día 7 ás 18 horas e o enlace para participar.

Que é o rural galego ?, que o distingue e significa?, cal é a suma de razóns que o converten nun lugar diferente, nunha ollada peculiar, nunha vivencia específica?.

Falarmos de contorna ao implicar ao rural semella un canto pastoral, unha referencia á natureza e ao medio; máis non é ese o significado único, nin sequera o maioritario, que lle queremos dar dende ANPAS GALEGAS e dende a ollada educativa. O que nós pretendemos é ligar ás persoas e ao lugar coa cultura, co pensamento, coa natureza tamén, coa tradición, coas posibilidades reais, coas diferenzas específicas -físicas e medioambientais-.

Educar onde estamos e vivimos, para poder vivir onde nos educaron. E para iso non abonda co que fagamos as familias, precisamos o apoio da comunidade educativa, por iso preguntámonos canto podemos personalizar a formación que reciban as nosas fillas e fillos, en diferentes campos:

    Localización na contorna: onde estamos, cales son os trazos distintivos da historia, da evolución e da cultura deste lugar, canto nos condiciona sermos e estarmos aquí, que nos aprende este lugar e cal é o xeito de vivilo.
    Formación específica do profesorado:
    Obxectiva: Coñecemento, utilización  e aprendizaxe dos recursos do medio
    Subxectiva: Aprendizaxe no traballo con grupos pequenos ou agrupacións.
    Modelo educativo diferenciado, personalizado ao grupo social que atopemos, educar dende o íntimo ao xenérico.

PONENTES:

    José Manuel Roca : Instituto de Estudos Chairegos
    Daniel López Muñoz, sociólogo
    Antón Costa: Facultad de Ciencias da Educación de Compostela
    Mariló Canedo: Facultad de Ciencias da Educación de Coruña

Venres 7 de maio ás 18.00 horas

Conectarse a través deste enlace https://fanpacompostela.my.webex.com/fanpacompostela.my/j.php?MTID=m706cedf7e4f10cac4378f367339ccff2

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias