Infórmate > Noticias 

Noticias 

Remata o curso de monitor@s de TL 2017
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

09/09/2017 | Lodoselo

Vinte días cheos de vida

1 de 2

Óscar, Nerea, Bea, Abel, Rocío, Alba, Javi, Eli, Almudena, Eva, Andrea, Fran, Ana, Silvia, Lara, Sara, Lucía, Patricia, María, Pablo, Marta, Miguel, Sophía e Noel... 24 moz@s, 20 días, Escola de Tempo Libre "Limicorum" (CDR O Viso) .

A maioría do tempo na casa rectoral pero tamén no centro de inclusión, polo pobo de Lodoselo, no pavillón de deportes de Sarreaus... E pola comarca da Limia (Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras, Torre e Pena e Porqueira, Fervenzas do Fírveda, Areeiras, Museo etnográfico de Vilar de Santos, Casa da Lagoa en Sandiás...).

Acompañados  por todo un equipo de persoas que un día e outro fomos contribuíndo ó bo desenvolvmento deste curso: Alberto, Tomás, Marta, Bruno, Edi, Saray, Helena, Carmen e Toño (do CDR); Antón Castro (Fuxan os ventos), Paco Veiga, Xan, Zeltia, Davide, Antón e Xuliio, (Asociación de Xogos Populares e Tradicionais de Galicia), Miguel Cons; Beatriz; Sinda e varios efectivos da Xefatura Provincial de Tráfico, entre eles o Xefe Provincial, David; Santi e Susana; Fran. Sen esquecer a todo o plantel da cociña e demais persoal que posibilitou a realización do mesmo. 

Mesmo tivemos a posibilidade de compartir algunha xornada cos participantes nos programas do CDR (comedor comunitario, concilia verán, residentes en " A túa outra casa" (vivenda comunitaria) e veciñ@s do pobo... A todas as persoas que fixeron isto posible, moitas grazas! Sempre é unha inxección de ánimo para esta organización que estes encontros enchan de vida esta contorna tan necesitada de estímulos así. Ánimo moz@s! Agora queda a 2ª fase do curso: 150 horas de prácticas. 

Arquivada en:

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info