Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 04/01/2017 | Reinvéntate 2017

Sae á luz a nova edición de Reinvéntate, de Ruralempréga-T

O 17 de xaneiro ás 9 e media da mañá, obradoiro de presentación na Casa da Cultura

04/01/2017 | Xinzo de Limia

O compromiso do CDR O Viso en materia de emprego é levado a cabo a través de Ruralempréga-T, sendo todo un referente na comarca. Desde o mesmo, promovemos a inserción sociolaboral das persoas participantes.

Baseado nos seus diferentes obradoiros levados adiante de forma periódica ao comezo de cada mes, Reinvéntate busca o crecemento das capacidades de quen toma parte nel para incrementar as súas posibilidades de atopar un posto de traballo. Entre os piares da súa aplicación, atopamos a atención personalizada, a dotación de ferramentas para o busca de emprego ou as dinámicas de grupo para fomentar a colaboración no propio entorno. Ademais, quen participe contará con formación grupal e individual en emprendemento e mediación a través da bolsa de emprego de Ruralempréga-T.

O primeiro obradoiro levarase adiante na mañá do 17 de xaneiro nas instalacións da Casa da Cultura de Xinzo de Limia (Aula 7). Posteriormente, agardamos ter un par de obradoiros os primeiros martes e mércores de cada mes para ir constatando os progresos tanto individuais como do propio grupo.

Podeste apuntar a través de calquera dos métodos de contacto de RuralEmpréga-T. No correo areasocial@cdroviso.org, no FB do Ruralempréga-T ou do propio CDR, no teléfono 988.46.15.71 ou pasando pola oficina do número 1 da praza Maior.

A nosa maior alegría sería ter rematado o proxecto sen alumnado por telo empregado na súa totalidade; comezaremos buscando que, como mínimo, se saia do programa capacitado e motivado para dar cun posto de traballo por conta allea ou propia.

Este proxecto está financiado polo Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, a través da convocatoria do 0.7 do IRPF de 2016, e a Consellería de Política Social a través da Área de inclusión Social e Inmigración da Xunta de Galicia.

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > D. Área de Inclusión Social e Laboral > D.2- Ruralempréga-T