Accesibilidad

Noticias 

Radio Limia pecha as súas portas

Grazas por todo, Maribel!

02/03/2017 | Xinzo de Limia

Moitas veces falamos das voces do rural como unha especie de ente estraño. Dicimos que hai que loitar porque se escoiten nestes tempos nos que os berros da centralización e o despoboamento infestan as nosas vilas e aldeas.

Hoxe, recibimos a triste noticia de que Radio Limia pechou as súas portas.

Cando Maribel entrou pola da nosa oficina esta mañá só puidemos sacar un sorriso. Por todos esos martes que con ela falamos da realidade das nosas vilas, do CDR O Viso, da nosa Limia. En ningún momento pensamos que se trataba dunha visita de despedida.

Será o tema económico, será a realidade dun mundo no que cada vez se fala máis alto e cada día se escoita a menos xente e máis poderosa. Co que hoxe nos atopamos é con que unha nova voz limiá se apaga. E esta escoitabámola moitos.

Desde aquí, agradecerlle a Maribel todos os bos momentos durante estes anos, así como darlle moitos ánimos nesta nova etapa que para ela se abre. Por seguro, o eco da súa voz ha de seguir a escoitarse por moito tempo.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias