Accesibilidad

Noticias 

Grazas á EAPN-Galicia pola boa acollida!

Formamos parte desta Rede con outras 135 entidades do Terceiro Sector

20/04/2017

Na páxina da Rede Galega contra a Pobreza publicaban este xoves 20 de abril:  As novas que nos gusta dar. Hoxe na Asemblea de EAPN Galicia aprobouse por unanimidade a entrada do CDR "O Viso". Así poderemos traballar mellor en Rede contra a pobreza e a exclusión no noso rural. Benvidas!

Moitas grazas!  

As voces do rural consideramos que as cifras de exclusión social se agravan nos nosos territorios debido, entroutros motivos, á dispersión poboacional, ó envellecemento da poboación, ás deficientes comunicacións, a carencia de servizos básicos e en declive... polo que deben ser escoitadas e tidas en conta polas políticas que afectan ó noso medio e ás xentes que nel habitan.

Arquivada en: