Noticias
Debate na procura dunha solución intelixente para a Avenida de Celanova
Venres 7 de abril, 8 e media da tarde, Casa da Cultura de Xinzo de Limia
07/04/2017 | Xinzo de Limia
Esta tarde ás oito e media, haberá un espazo de debate aberto no salón de actos da Casa da Cultura para atopar unha solución óptima e consensuada sobre o que ha de facerse coa problemática xurdida co proxecto de tala das árbores da Avenida de Celanova.
Organizada por parte de Amig@s das árbores da Limia e coa presenza de representantes de Asociacións Ecoloxistas, a iniciativa que desde un primeiro momento apoiamos, busca aportar polo menos unha visión plural ao problema que se nos presenta, a fin de atopar unha alternativa que combine a seguridade vial das persoas coa preservación do último supervivente dunha das paisaxes máis características de Xinzo de Limia, en plena Vía da Prata. Pensamos que o diálogo tórnase clave neste aspecto, e que —como os nosos antepasados e antepasadas ben sabían— as cousas que afectan a un pobo soluciónanse falando, debatindo e chegando a un acordo o propio pobo.
Por todo isto, invitamos aos cidadáns e cidadás da Limia que sintan como súa a avenida de Celanova e a súa vexetación a participar neste debate e a aportar as súas ideas e pensamentos en torno ó que se debe facer neste aspecto. Lembramos: 8 e media da tarde, salón de actos da Casa da Cultura de Xinzo de Limia.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias