Accesibilidad

Noticias 

Reunión de seguimento plan CONECTA en Vigo

Preludio da reunión xeral a comezos de verán

31/03/2017 | Vigo

Esta semana, os nosos compañeiros Hicham e Óscar desplazáronse á sede de Fundación Barrié en Vigo para unha reunión de seguimento do plan CONECTA. Este plan, no que participamos desde o pasado ano, titoriza entidades sen ánimo de lucro como a nosa en funcións de comunicación e web, destacando o seu plan de axudas para o desarrollo da web corporativa, da que precisamente ten aberta nova convocatoria neste momento.

A reunión discorreu sen contratempos grazas ó bo traballo e facilidade de interacción con Greta, empregada de EDISA (empresa encargada do plan por parte de Barrié). Ademais, serviu de antesala para a posterior reunión con todas as entidades que se levará a cabo nalgún momento entre os meses de xuño e xullo.

Este tipo de actuacións permítennos dispor dunha web moderna e adecuada ao nosos concepto dun rural que combine o tradicional coa conectividade que se espera dunha sociedade moderna. Se tes algunha suxerencia de mellora que queiras que fagamos chegar aos responsables, non dubides en contactarnos no noso correo de información info@cdroviso.org .

Arquivada en:
Infórmate > Noticias