Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 03/02/2023 | Boado. Biocuidados

A pedagoxía do querer

Interacción, presencialidade, dispoñibilidade

03/02/2023 | Boado

Co inicio de febreiro, o equipo de Biocuidados do CDR O Viso continúa a dinamización nos pobos, concretamente en Boado, onde xa tivera un primeiro achegamento coas Xornadas Informativas o día 25 de xaneiro.
A compañeira María é a persoa encargada de achegarse a esta marabillosa comunidade e de crear, compartir e gozar de forma conxunta. O mércores 1 comezou o día cunha pequena presentación, para coñecerse e saber un pouco de cada unha das persoas que asistiron, que foron nin máis nin menos que 16! Dunha forma distendida e informal compartiron ese cachiño da tarde, falando sobre as posibles actividades que lles gustaría desenvolver a partir de agora: cales son as necesidades e os intereses dese grupiño.
Xurdiron ideas moi interesantes: como a posibilidade de realizar clases de ximnasia de mantemento, un obradoiro de cociña en Pidre (que é onde teñen un local habilitado para iso), un taller de memoria que comezará o día 8 de febreiro!, talleres de manualidades, etc. O máis importante de todo é que cada persoa foi mostrando as súas habilidades, as cales sen dúbida aproveitaremos nos encontros, para converter a cada unha destas persoas en protagonistas; por exemplo a Rosa sabe facer colchas coa técnica patchwork e sen dúbida nun dos encontros converterase en mestra de todo o grupo.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, así o conta María, xa que era a primeira vez que traballaba en solitario cun grupo grande e acollérona como a unha máis, sentíndose cómoda e lista para seguir neste bonito camiño que estamos a facer;  esperando que todas as persoas que asistiron se sentiran igual de ben.
#Biocoidados: Novos modelos de coidado prestados pola comunidad, centrados na persoa, en entornos rurais. Vinculado ó Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais, e financiado pola Unión Europea – Next GenerationEU.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias