Accesibilidad

Noticias 

© Educo | 12/01/2023 | Educo. Bolivia

A mocidade limiá establecerá lazos para o ben común coa de Bolivia

Colaboración entre Educo e o CDR

12/01/2023 | Xinzo de Limia

Este mércores, 11 de xaneiro, a área educativa do CDR O Viso reuniuse con Educo, unha ONG que traballa polos dereitos da infancia cunha visión de cooperación internacional. Unha ONG convencida de que a educación cura e protexe.
Ofrecéronnos colaborar nun proxecto ilusionante no que un grupiño de mozas e mozos limiaos establecerán lazos con mocidade de Bolivia ó tempo que adestrarán o bo trato nas relación interpersoais. O obxectivo é que a xeración do futuro identifique e persiga xeitos de relacionarse baseados no respecto, no entendemento e no amor como camiños para un ben común: a comunidade. Este proxecto ampárase na Axenda 2030 e nos seus Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible.
A colaboración entre Educo e o CDR O Viso comezará en febreiro coa formación das persoas profesionais e en marzo co traballo directo cunha ducia de adolescentes da Limia que se estenderá ata xuño e que será culminado cunha campaña de incidencia social dirixida polos propios rapaces e rapazas.

https://www.educo.org/quienes-somos

Arquivada en:
Infórmate > Noticias