Accesibilidad

Noticias 

© CDR "O Viso" | 13/10/2022 | Cartel 15 Octubre

A sabiduría dos coidados das mulleres

Celebramos o día da MULLER RURAL cun obradoiro de autocoidado.

13/10/2022 | Lodoselo

Dende o CDR O VISO celebramos o día da MULLER RURAL que se conmemora cada 15 de outubro porque consideramos que é imprescindible reivindicar a importancia do papel das mulleres na nosa comunidade.

As mulleres rurais sabemos moito de coidar e pouco de coidármonos; e nunha sociedade que tende a illarnos a unhas das outras faise imprescindible recuperar estes espazos de conversa e encontro feminino; onde flúa o saber ancestral, onde compartamos sen xuízos e sexamos acollidas e coidadas.

Este sábado, 15 de Outubro, e dando continuidade ó obradoiro “A sabedoría dos coidados das mulleres”, teremos unha xornada de autocoidado dirixido ás mulleres da nosa comarca, no albergue do CDR O Viso, en Lodoselo. Un recoñecemento, un presente, unha lembranza; porque cómpre que nos coidemos. O plan é coñecer as plantas que temos ó noso arredor para coidarnos e preparar un serum de cara ao inverno que é cando a pel sofre máis.

Para elo contaremos con Ana de Alloa. Alloa é un proxecto de emprendemento que xorde co obxectivo de loitar contra o despoboamento rural, facendo cosmética natural na que se fusionan a flora e a cultura autóctona nos seus produtos.

Esta actividade está financiada pola Fundación Espadaña e pola consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia a través da subvención con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto dobre a renda das persoas físicas. É por isto que queremos agradecer a todas cantas persoas marcastes a X Solidaria na declaración da renda facendo posible continuar co noso traballo.

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades