Accesibilidad

Noticias 

© MAP Galega | 29/06/2022 | Mapa Galicia

O CDR O Viso continúa un ano máis na MAP galega do SHERPA

29/06/2022 | Santiago de Compostela

Onte, 28 de xuño, participamos en Santiago, xunto a outras 16 persoas, retomando esta terceira etapa da MAP (Plataforma multiactores) galega neste proxecto de asistencia técnica á Comisión Europea. Pilotados pola USC e coa presenza de representantes da comunidade científica, administración pública e a sociedade o enfoque é incorporar na definición das políticas a visión dos actores relacionados co medio rural. Ata un total de 40 plataformas (20 de elas permanentes, entre elas a Galega e a de Aragón) en 21 países.
SHERPA ou  Centro Sostible para Participar en Políticas Rurais con Actores é un proxecto de catro años (2019-2023) con 17 socios financiados polo programa Horizonte 2020. O seu obxectivo é recompilar coñecementos que contribúan á formulación de recomendacións para futuras políticas relevantes para as zonas rurais da UE, mediante a creación dunha interface ciencia-sociedade-política.    https://rural-interfaces.eu/
Despois dun recordatorio do feito nos pasados 2020 e 2021 na tarde de onte abordamos os dous primeiros puntos da subdivisión que fixemos da temática deste 2022: a dimensión social das áreas rurais. Que dividimos en catro cuestións: as necesidades prioritarias, as intervencións políticas e accións (con exemplos de boas prácticas), as recomendacións sobre as intervencións que deben poñerse en marcha e as deficiencias no coñecemento destes temas. 
O punto de partida foi coñecer os resultados do inquérito online, traballo feito en coordinación coa MAP de Aragón sobre a percepción que temos da calidade de vida e os aspectos que é necesario mellorar. A sondaxe reflectiu uns resultados totalmente coherentes cos feitos por outros organismos coma o INE. A partir de aquí, traballo persoal, en pequenos grupos e en asemblea desde as nosas realidades rurais: a do rural urbanizado e forestado, a do rural activo e a do rural abandonado. Con bastantes coincidencias nos cinco aspectos máis citados: a existencia de oportunidades laborais; os servizos de mobilidade e transporte; o servizo de saúde; o acceso á vivenda e o acceso a internet... variando a orde e seguindo con outros coma os servizos de atención a maiores; acceso ó lecer, cultura e deporte; o entorno natural... ata un total de 23.
Seguimos a sesión analizando algunhas iniciativas (públicas/privadas), obxectivos/necesidades que tratan de atender, os colectivos beneficiarios, o ámbito territorial, as entidades promotoras e participantes, as actividades principais e as fontes de financiamento; para rematar coa previsible convocatoria das próximas actividades e as temáticas que abordaremos en setembro.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias