19/06/2022 | Lodoselo
Contribuíndo a crear na sociedad unha cultura da Educación Infantil Familiar
1 de 1
© CDR O Viso
Este pasado venres organizamos, un ano máis, un encontro educativo e festivo coas familias que participaron ó longo do curso no programa de educación infantil familiar na Limia. Neste encontro participaron máis de 150 persoas, entre elas familias dos grupos de EIF que levamos a cabo durante todo o ano en Sandiás, Baltar, Vilar de Santos, Cualedro e Xinzo de Limia. A maiores desas familias (nai e/ou pai, irmáns e algún que outro achegado: avós, tíos…) participaron tamén os da Casa niño Lodoselo, do P.A.I de Sandiás e da Galiña azul de Xinzo; e colaboramos na realización dos obradoiros persoal laboral e voluntariado do CDR así como persoal do PAI de Sandiás e a Casa Niño Lodoselo.
Compartimos unha fermosa tarde de encontros con moita xente coñecida; unha tarde de actividade, xogos, intercambios, reflexións e chea de experiencias, en boa compaña, rodeados tamén de animais e natureza. Con calor pero sobre todo cheos de ledicia gozando destas estampas que sempre nos marabillan: familias, xente de todas as idades, aprendendo xuntos (observando, guiando, calando, deixando, fluíndo...)
O CDR O Viso incorporou, no ano 2015, este programa de Educación Infantil Familiar ó seu proxecto de desenvolvemento integral na comarca da Limia. Isto que veu facendo Preescolar na Casa desde 1977 –na Limia desde 1985- ata 2012. É un programa que lle interesa moito ás familias, tanto polas actividades que se fan (case todo con material de refugallo) como polas experiencias que se comparten e as dúbidas que reflexionamos en todos os temas da crianza dos cativos.
Trátase dun servizo socioeducativo de apoio ás familias coa organización de espazos de encontro educativos. Encontros semanais ou quincenais cos que queremos potenciar una parentalidade positiva nos que participan as familias e as crianzas e unha profesional do CDR. Unha persoa educadora, animadora, mediadora de interaccións entre adultos e nenxs, promotora de reflexións educativas sobre estilos e pautas de crianza.
Consideramos que segue sendo una necesidade contribuír á formación de nais e pais para axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fill@s; retomamos pois aqueles obxectivos de:
- Crear unha concienciación da importancia do papel da familia á hora de apoiar o crecemento e desenvolvemento do nen@, reforzar ou modificar actitudes, crenzas e prácticas de crianza.
- Contribuír a crear na sociedade unha cultura da Educación Infantil Familiar e ao desenvolvemento da cultura e da lingua galega.
Esta actividade é posible grazas ó financiamento obtido da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada a programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Aquí o enlace para ver esas estampas https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d385584808k4656452o2l1/Encontro EIF na Limia 2022
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
MATERIAIS RELACIONADOS
Vídeos
Enlaces
Noticias
- Seguimos na loita contra o despoboamento
- 16/08/2022 | A Limia
- O programa Biocoidados en fase de implementación
- 13/08/2022 | A Limia
- A auga, un recurso vital
- 06/08/2022 | Lodoselo
- A Deputación subvenciona, un ano máis, o noso proxecto integral de intervención actualizado
- 01/08/2022 | A Limia
- Aprendemos o que amamos
- 01/08/2022 | Lodoselo
- Unha ovella no inverno apaga máis lumes que un helicóptero no verán
- 26/07/2022
- Xornada de educación ambiental no concilia
- 24/07/2022 | Lodoselo
- Acollemos a visita da Conselleira de Política Social e Xuventude
- 07/07/2022 | Lodoselo
- Novos cursos de formación online
- 05/07/2022 | A Limia
- Concilia verán 2022
- 05/07/2022 | A Limia
- Na festa do Pico, pico, zarandico
- 04/07/2022 | Laroá
- Xuventude Mentoring, formación e mentorización
- 30/06/2022
- A volta do Pobo-escola
- 29/06/2022 | Lodoselo
- O CDR O Viso continúa un ano máis na MAP galega do SHERPA
- 29/06/2022 | Santiago de Compostela
- Ser especialistas en persoas
- 28/06/2022 | Lodoselo
- A vida xa a temos gañada ó nacer
- 28/06/2022 | Lodoselo
- Preséntase o libro A Memoria da Auga
- 24/06/2022 | Boado
- Representantes dos Colectivos de Acción Solidaria visitarannos o 23 e 24 de xuño
- 22/06/2022 | Lodoselo
- Máis que un servizo de proximidade son sentimentos de proximidade
- 17/06/2022 | Lodoselo
- Participamos no III encontro de Axentes Socioeducativos
- 15/06/2022 | Santiago
- Aldeas Saudables
- 10/06/2022
- Récord de demanda do Concilia de Verán do CDR O Viso.
- 10/06/2022 | A Limia
- III Encontro de Axentes Socioeducativos
- 08/06/2022 | Santiago de Compostela
- Manifestación o domingo, 5 de xuño, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente
- 03/06/2022 | Santiago de Compostela
- Ana Pontón, a líder da oposición no Parlamento Galego, visita o CDR O Viso
- 01/06/2022 | Lodoselo
- Abrimos o prazo para o Concilia de verán 2022
- 23/05/2022 | A Limia
- As casas de acollida de Lar Muimenta e Valdomiño uníronse, a pasada fin de semana
- 22/05/2022 | Lodoselo
- Interensantísima xornada
- 22/05/2022 | A Limia
- Medra o xardín sensitivo e nós con el
- 18/05/2022 | Lodoselo
- Favorecendo a inclusión dos maiores na vida social máis alá da xubilación
- 16/05/2022 | Lodoselo
- Apreciando o valor inmenso da nosa contorna natural
- 04/05/2022 | As Mercedes
- O Pobo escola abre as súas portas
- 02/05/2022 | Lodoselo
- Co alumnado de Atención a Persoas en Situación de Dependencia de Viana do Bolo
- 01/05/2022 | Lodoselo
- Experiencias comunitarias rurais integradoras: Unha experiencia de 35 anos de boa veciñanza (CDR O Viso)
- 24/04/2022 | Pontevedra
- Novo obradoiro de Ecoembalaxe: Consumo responsable - PensandoECO
- 21/04/2022 | Laroá
- Sábado de Gloria... expectantes
- 18/04/2022 | Lodoselo
- Outro modelo de atención é posible
- 11/04/2022
- O patrimonio da xente boa
- 10/04/2022 | Vilar de Gomareite
- Preinscrición Casa Niño Lodoselo
- 05/04/2022
- Sábado en Familia
- 05/04/2022
- A necesaria alfabetización dixital
- 04/04/2022 | Lodoselo
- Presentación INCLULIMIA
- 31/03/2022 | Lodoselo
- Somos o mañá dos pobos
- 31/03/2022 | A Limia
- Moito máis que un café...
- 24/03/2022 | Xinzo de Limia
- Boado publicará un libro coa memoria da súa auga
- 16/03/2022
- Medrando con cambio de mirada
- 12/03/2022 | Lodoselo
- O CDR O Viso estende o 8M
- 09/03/2022 | A Limia
- Aprendendo a construír xuntas e xuntos o camiño da igualdade
- 04/03/2022 | A Limia
- Recibimos ós amigos de Lar de Muimenta e ós de Aventeira
- 04/03/2022 | Lodoselo
- Visita ó CDR O Viso para a realización dun traballo final grupal de Educación Social
- 25/02/2022 | Lodoselo
- Participamos no encontro entre entidades colaboradoras na POIG
- 24/02/2022 | Santiago de Compostela
- Un pobo que coida
- 19/02/2022 | San Bartolomé de Pinares (Ávila)
- Lugares especiais con xente marabillosa
- 15/02/2022 | A Limia
- Reunións mensuais coa Asociación socio-educativa Antonio Gandoy
- 08/02/2022 | Lugo
- O CiX da Limia recibe á Directora Xeral de Xuventude
- 04/02/2022 | Xinzo de Limia
- Á procura de mellorar as situacións de vulnerabilidade social e risco de exclusión
- 27/01/2022 | A Limia
- As Consellerías de Política Social e Emprego e Igualdade volven financiar, un ano máis, os nosos programas
- 24/01/2022 | A Limia
- Apoio na Procura de Emprego
- 18/01/2022 | Comarca da Limia
- O acougo dun radical Grande
- 11/01/2022 | A Limia
- O Patronciño, Son Voltas e a Pita Pitaina
- 07/01/2022 | A Limia
- Ela fíxonos mellores
- 03/01/2022 | Lodoselo
- Continuamos a prestar servizos básicos e necesarios de atención a situacións de primeira necesidade e produtos de apoio.
- 22/12/2021 | A Limia
- Contribuíndo na creación de redes de apoio entre as familias participantes
- 21/12/2021 | A Limia
- A satisfacción de traballar por e para a mellora da empregabilidade
- 20/12/2021 | Comarca da Limia
- Sábado en familia
- 18/12/2021 | Baronzás
- O CDR O Viso á procura dun Nadal Xusto
- 15/12/2021 | A Limia
- Día das Montañas no Outeiro das tres vertentes-Monte Talariño
- 11/12/2021 | Podcast
- Biocuidados: o ecosistema de coidados para a vida que proporciona a comunidade de persoas que habitan un determinado lugar no medio rural
- 03/12/2021 | COCEDER
- Unha invitación constante a conectar cos ritmos da natureza
- 02/12/2021 | Lodoselo
- Dando o mellor de nós despois de encaixar o gol
- 27/11/2021 | A Limia
- O rural contra a violencia machista: que podo facer eu?
- 26/11/2021 | A Limia
- Nos colexios rurais tamén aprendemos a previr e combater as violencias machistas.
- 23/11/2021 | A Limia
- O virus acaba de meternos un gol
- 22/11/2021 | Lodoselo
- Pobo - escola: aprender no pobo, do pobo, o pobo
- 17/11/2021 | Lodoselo
- Día internacional para a Tolerancia
- 16/11/2021 | Xinzo de Limia
- Medrando e pensando a través dos xogos de onte e de mañá
- 11/11/2021 | Xinzo de Limia
- A recuperación dos soutos do Liñón como práctica de éxito na Voz da Escola
- 10/11/2021 | Lodoselo
- Obradoiro de Memoria
- 09/11/2021 | Vilar de Barrio
- A xente de Sandiás aprende competencias dixitais
- 09/11/2021 | Sandiás
- Sábado en familia
- 06/11/2021 | Lodoselo
- Magostiño no xardín dos sentidos
- 30/10/2021 | Lodoselo
- Agropuzzle, unha iniciativa de intercambio de experiencias de desenvolvemento e sustentabilidade rural
- 25/10/2021
- Sinerxía, traballo en equipo
- 21/10/2021 | Lodoselo
- Sábados en familia
- 18/10/2021 | Saa e Vilar de Santos
- Domingos de Outono
- 17/10/2021 | Lodoselo
- Visitamos a Limuhe, a Dama da Lagoa
- 16/10/2021 | A Limia
- Unha edición máis participamos no festexo da Pataca
- 10/10/2021 | Vilar de Barrio
- Novo curso de formación de Asistente Persoal no medio rural
- 06/10/2021 | Xinzo de Limia e Comarca
- Xuntámonos en Laroá para a presentación do conto A Raíña Loba
- 02/10/2021
- Equidade dixital para tódalas idades
- 01/10/2021 | Lodoselo
- Somos coidables (as persoas, a comunidade, a terra)
- 27/09/2021 | Vilar de Santos
- Poñemos en marcha o programa de Educación Infantil Familiar na Limia
- 23/09/2021
- Participamos nun coloquio coa Conselleira de Política Social e o Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
- 23/09/2021 | Santiago de Compostela
- A identidade como factor de desenvolvemento
- 22/09/2021 | Vilela. Ancares
- Poñemos en marcha un Itinerario de Inserción Sociolaboral con formación gratuíta en Asistencia Persoal no medio rural
- 13/09/2021 | Xinzo de Limia
- Acaba agosto e con el remata o noso programa Concilia de Verán
- 31/08/2021 | Lodoselo
- De visita á Ermida da Nosa Señora da Portela e Cortegada
- 28/08/2021 | Concello de Sarreaus
- 14 persoas atopan emprego co acompañamento do CDR O Viso
- 26/08/2021 | Xinzo de Limia
- Hoxe demos comezo a última quincena do Concilia de Verán 2021
- 16/08/2021 | Lodoselo