Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 17/06/2022 | Servicio de comedor en el domicilo

Máis que un servizo de proximidade son sentimentos de proximidade

17/06/2022 | Lodoselo

Só cunha xornada de traballo co Juan, Yedhiel, Sonia, Alberto e coa participación de Secundino e Fran … percíbense os sentimentos de proximidade. Cando se fai o servizo de comedor nos domicilios da Comarca da Limia, dende as 7:30 da mañá un bo equipo de cociña ten toda a información do que come cada persoa, dos seus gustos e das súas patoloxías; cando son as 11:00 todos fan o traballo para preparar, con moito xeito, cada unha das bandexas da comida das máis de cen persoas, que logo comerán quente.

Preparadas e cargadas as bandexas nas furgonetas, é cando máis se percibe o sentimento de proximidade…. con cada bandexa entregada sempre hai un: “ola, como estás?”,“que tal coa tormenta de onte, fixo moito dano? que lle dixo o médico da tensión? gustáronlle os garavanzos?.... Porque vivindo no rural, vivindo en soidade elixida ou obrigada… un “ola!”, un “ata mañá” ou cambiar a pila ao mando da tele… é o que realmente fai que o traballo que están a desenvolver os compañeiros e compañeiras, sexa un traballo que, dende principio a fin, se fai cos nomes e apelidos de cada unha das persoas as que se lle prepara e se lle leva o xantar cada día.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > B. Área de Atención á Comunidade: Servizos de Proximidade > B.3- Servizos no domicilio