Infórmate > Noticias 

Noticias 

Manifestación o domingo, 5 de xuño, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

03/06/2022 | Santiago de Compostela

Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural

1 de 1

A Rede do Rural (da que forma parte o CDR O Viso) xunto con outros colectivos e plataformas ecoloxistas, veciñais, sociais, culturais, sindicais de toda Galiza,  fan un chamado a toda a sociedade galega para que participe na Manifestación Temos alternativa! Enerxía xusta e sustentabel. Enerxía por e para o pobo,  que terá lugar o vindeiro domingo  5 de xuño en Santiago de Compostela, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.

Membros da  coordenadora da Rede do Rural xuntaranse diante do palco de música da Alameda de Santiago de Compostela ás 11:45 h para partir xuntos con unha pancarta, e poden achegarse a ese punto todos aqueles redeir@s que queiran participar.
A marcha  partirá da Alameda de Santiago ás 12 do mediodía e transcorrerá polas rúas compostelás ata chegar á Praza do Obradoiro na que se lerá o manifesto.

A Rede do Rural somos unha comunidade diversa de persoas, colectivos, organizacións e entidades vencelladas polo fío transversal da defensa dun medio rural desenvolvido desde a sostibilidade ecosistémica como garante da sostibilidade socioeconómica.
A Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural, abreviadamente chamada REDE DO RURAL, xorde como reacción ante a situación de xeral desfeita que sofre o mundo rural. Constitúese esta Rede, con vocación de funcionamento asembleario, dentro dunha conformación de pluralidade e coincidindo na inquedanza común de preservar e desenvolver o rural galego. https://www.rededorural.org/

Na Rede recollemos e construímos o traballo educativo e dinamizador desenvolvido dende hai máis de corenta anos por colectivos de mestres/as, así coma por multitude de proxectos sociocomunitarios senlleiros  e referenciais espallados polo territorio  rural galego.

A aposta da Rede é a de:
1. Configurar un amplo grupo de acción interdisciplinar comprometido coa análise e procura de alternativas para afrontar o deterioro do rural.
2. Formular demandas, coas oportunas propostas de solucións, diante dos axentes responsables.
3. Dignificar e dinamizar o ámbito rural en todos os aspectos, de xeito comunitario, interxeracional e coa debida revalorización da cultura popular. 4. Preservar e desenvolver un rural con raíces antropolóxicas culturais propias.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies