Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 05/04/2022 | Vilar de Gomareite

Sábado en Familia

En Vilar de Gomareite (Vilar de Barrio)

05/04/2022

A próxima fin de semana estaremos en Vilar de Gomareite (Concello de Vilar de Barrio) para un novo Sábado en Familia, no que convidamos a toda persoa que teña a ben o participar na andaina que faremos ata o xacemento arqueolóxico do castelo de Bóveda ó tempo que aproveitaremos a ocasión para recoller caléndula e coñecer as súas propiedades, acompañados polo Samuel e a Uxía. Para inscribirte chama ó CIX: 988461571.
Esta actividade é financiada pola consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas dentro do programa “O noso espazo: encontros de familia, parentalidade positiva e actividades educativas” do CDR O Viso.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias