Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 10/03/2022 | Palco Lama

O CDR O Viso estende o 8M

Ampliando o impacto do Día da Muller

09/03/2022 | A Limia

No Centro de Desenvolvemento Rural O Viso queremos ampliar o impacto do día da Muller e estamos a facelo principalmente con dúas iniciativas.
Por un lado, iniciando en colaboración co IES Lagoa de Antela unha formación en novas masculinidades para o estudantado de formación profesional co propósito de revisar as características e consecuencias da masculinidade hexemónica e indagar en alternativas.
Noutra liña de actividades, comezouse a redecorar o palco da festa no pobo de Lodoselo coa colaboración da veciñanza para facer del un espazo reivindicativo, vistoso, agradable e cómodo.
Estas actuacións enmárcanse  no Programa ELAS, financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias