Accesibilidad

Noticias 

© POIG | 24/02/2022 | POIG

Participamos no encontro entre entidades colaboradoras na POIG

Plataforma de  Organizacións da Infancia de Galicia

24/02/2022 | Santiago de Compostela

No día de onte 22.02.2022, en Santiago de Compostela participamos no encontro entre entidades colaboradoras na Plataforma de organizacions da infancia de Galicia (POIG); entidades como a Cruz Vermella, Axuda en Acción, Asociación Centro Trama, Meniños, Fundación Diagrama, Amencer, CDR “Portas Abertas”, CDR "O Viso"… A POIG, é una plataforma territorial  enmarcada  no  marco  xeral  de  acción  da  Plataforma  da  Infancia estatal.

Onte traballáronse puntos como a promoción dos dereitos da infancia, a campaña de sensibilización do 20N, a promoción de órganos de participación da infancia e adolescencia… entre outros, mediante grupos de traballo como os de participación, protección…

Tamén neste encontro aprobáronse as modificacións dos puntos acordados nos estatutos e os da modificación do Regulamento de Réxime Interno da POIG.

A POIG é unha asociación conformada por 35 entidades da comunidade, sen prexuízo de realizar actuacións estatais e internacionais a favor do bo trato á infancia e adolescencia en Galicia, para protexer e promocionar os seus dereitos fundamentais. O seu interese é incrementar o benestar da infancia, denunciar e facer seguimento das situación que vulneren os dereitos das persoas menores de idade.

Constituíuse  o  11  de  abril  de  2018,  coa  misión  de  aunar  os  esforzos  das entidades  que  traballan  no  ámbito  da  infancia  e  de  crear  un  espazo  de coordinación que defenda, promova e protexa os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes conforme á Convención sobre os Dereitos do Neno no territorio galego.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias