Accesibilidad

Noticias 

Un pobo que coida

Aprendendo e construíndo xunt@s

19/02/2022 | San Bartolomé de Pinares (Ávila)


O vindeiro sábado 26 de febreiro participaremos en “Un pobo que coida” en San Bartolomé de Pinares (Ávila). Organizado polo Concello e  Argareal Iniciativas  Socioambientales o programa contempla a presentación da experiencia do  CDR O Viso xunto coa do Concello de  Monleras  (Salamanca) para a continuación imaxinar vivir nun pobo onde todas as persoas coidemos unhas doutras e ademais facelo dunha maneira planificada e consciente e sen deixar a ninguén atrás.
San Bartolomé de Pinares é un municipio da provincia de Ávila, a 27 Km da capital e que pertence á comarca do Val do  Alberche e Terra de Piñeirais. Conta cunha poboación de pouco máis de 500 habitantes. Está situado a unha altura de 1.039 metros. Entre os seus festexos cabe destacar a festa das Luminarias, que ten lugar a noite anterior ao día de San Antón, unha das celebracións máis bonitas da comarca debido ao gran espectáculo ecuestre do que se pode gozar.
ARGAREAL Iniciativas  Socioambientales é unha entidade sen ánimo de lucro, legalmente constituída e recoñecida como de carácter social, entre cuxos fins destaca o de traballar polo desenvolvemento sostible das zonas xeográficas máis deprimidas, dando especial relevancia ao medio rural máis pequeno.
A proposta é soñar, aprender e construír xuntos un modelo de coidados coas persoas participantes nesa xornada de sábado. Moitísimas grazas por convidarnos a este encuentro. Sempre, a participación nestas reunións son unha ocasión para aprender; para repensar o que facemos diariamente, como o facemos e tentar mellorar.


 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias